Fundación Illa de San Simón
inicio Xunta de Galicia

a illa do pensamento

Que mellor homenaxe ao pasado da Illa de San Simón, coas súas conquistas e as súas desgrazas, os seus episodios máis gloriosos e máis amargos, que convertela nun lugar de pensamento libre? Do tributo á memoria parte o proxecto Illa do Pensamento, nunha singradura que xa non só sulca o vello océano, senón que discorre polas autoestradas da información, transmitindo ao mundo a corrente do pensamento atlántico e recibindo del todo o combustible necesario para propulsar o potencial artístico e creativo que ten cabida neste arquipélago.