13 de febreiro de 2012
#NeThinking reunirá a destacados expertos en comunicación y redes sociales los días 7 y 8 de marzo
En la segunda edición del encuentro, que será retransmitido por streaming y permitirá la participación virtual de cuantos deseen realizar aportaciones, se abordará el nuevo escenario que ha propiciado el desarrollo de internet
20 de febreiro de 2012
A Fundación ven de asinar un convenio co Instituto FINEDU de Bos Aires para o dersenvolvemento do proxecto Arquipélago do Pensamento, que ten como obxectivo intercambiar sinerxias cos principais países Latinoamericanos. Bos Aires contará así cunha segunda Illa do Pensamento, compartindo con San Simón unha axenda común de actividades a desenvolver en ámbalas dúas beiras do Atlántico.
13 de febreiro de 2012
A Consellería de Cultura e Educación organizará na Illa de San Simón a segunda edición deste congreso que contará coa participación de destacados xornalistas e editores dixitais. A Illa do Pensamento tamén volverá a albergar a celebración dos congresos Neuromagic e Testemuños do Futuro.
17 de febreiro de 2012
O Capitán Nemo volve a presidir a entrada a San Simón
A icónica estatua situada na punta da praia de Cesantes, volta a ocupar o seu lugar tras o proceso de restauración do podium no que está colocada.
13 de febreiro de 2012
Balance de resultados da programación do ano 2011 en San Simón
En 2011 acadouse o maior periodo de uso continuado da illa de San Simón, con máis de 170 días de actividade de marzo a novembro, en 52 actividades con difusión internacional.
23 de decembro de 2011
Felices Festas desde San Simón
San Simón deséxavos Felices Festas e un ano 2012 cheo de bos pensamentos.
20 de outubro de 2011
Comenzan os traballos de restauración da estatua do Capitán Nemo na praia de Cesantes.
En datas inminentes, e tras os estudos preliminares e elaboración do orzamento, iniciaranse os traballos de rehabilitación do podium onde se sitúa a estatua do Capitán Nemo, que preside a redondelá praia de Cesantes.
18 de outubro de 2011
O arquipiélago das illas de San Simón e San Antón, a Illa do Pensamento, acollerá o sábado, día 22 de outubro, a primeira das xornadas dun ciclo literario, de periodicidade trimestral, que quere seguir cimentando un espazo de libre pensamento no arquipiélago. Unha homenaxe merecida a historia de batallas e conquistas acontecidas no devenir dos tempos neste contexto atlántico de mitos e lendas ancestrais.
18 de outubro de 2011
Un total de 30 produtores de son galegos participan en San Simón no curso Históricos do Rock
[18/10/2011] No encontro exercen como mestres Tony Platt, Phill Brown e Gil Norton, procedentes de bandas como AC/DC, Bob Marley, The Who ou Joe Cocker.
14 de outubro de 2011
Funcionará desde a illa de San Simón coa participación de Agadic, o Consello da Cultura Galega e as Universidades de Santiago, A Coruña e Vigo. A Consellería de Cultura e Turismo elevou ao Consello da Xunta o informe de conclusións do primeiro foro celebrado no marco do proxecto INDCREA, que congregou 50 profesionais e académicos internacionais. A diminución da dependencia das axudas públicas, a busca da rendibilidade das infraestruturas culturais ou o fortalecemento da reputacións das empresas son algunhas das claves apuntadas polo grupo de expertos.
Mostrando 1 a 10 de 149 rexistros / 10 Anteriores - 10 Seguintes