Fundación Illa de San Simón

edificio de cursos e seminarios

Estaba destinado a acoller os dormitorios do lazareto e tamén foi usado polos reclusos na época da colonia penal e polos orfos do Fogar Méndez Núñez. Situado nas inmediacións do auditorio, na beira oeste da illa, actualmente é un prisma de planta rectangular organizado en dúas alturas cun espazo central de acceso e dúas ás que aloxan grandes espazos destinados a uso docente para cursos ou seminarios.

Conta con sete aulas con capacidade para 50 persoas cada unha, ás que se engaden outros espazos para actividades formativas como salas de reunións ou despachos. O baixocuberta converteuse nun eventual albergue de estudantes.